28/5/14

CONSORCIO AS MARIÑAS. Preparador laboral e Técnico promoción.

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm.100 do 28 de maio de 2014, o Consorcio As Mariñas publica as seguintes convocatorias de procesos selectivos:

Bases do proceso selectivo para a contratación dunha persoa en calidade de Preparador Laboral, como persoal laboral temporal de duración determinada.

Titulación esixida: Ciclo Formativo Superior de Formación Profesional, Bacharelato ou equivalente.

Bases do proceso selectivo para a contratación dunha persoa en calidade de Técnico de Promoción de Cooperativismo, como persoal laboral temporal de duración determina.

Titulación esixida : Licenciatura en Económicas, Empresariais, Administración e Dirección de empresas ou similares.

Sistema selectivo para ambos procesos: oposición.

Prazo de presentación de solicitudes: dez días hábiles contados desde o seguinte á publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincia. Polo que este prazo remata o 9 de xuño de 2014.


Consorcio As Mariñas
Lugar de Bos,
Naves O Carballal nº4
15640 Guisamo
Bergondo (A Coruña)
Tlf. 981 784 704

No hay comentarios:

Publicar un comentario