22/5/14

CONCELLO DE SADA. Educador Social.

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña num. 95 do 21 de maio de 2014, o Concello de Sada publica as Bases da convocatoria de proceso selectivo para a provisión interina dunha praza de educador/a social.

Titulación esixida: Diplomatura universitaria en educación social,  título de grao en educación social ou da habilitación vixente para o exercicio profesional da educación social concedida polo Colexio Profesional de Educadores Sociais de Galicia.

Sistema de contratación: concurso de méritos.

Taxas de participación: 20 euros.

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles a partir do seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, xa que logo este prazo remata o 27 de maio de 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario