11/5/14

CONCELLO DE MUGARDOS. Aux. Axuda no Fogar

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 87 do 9 de maio de 2014, o Concello de Mugardos publica a Convocatoria e bases para contratación laboral temporal, mediante concurso oposición libre de 2 auxiliares de axuda no fogar.

Titulación esixida: Certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente (certificado de profesionalidade de auxiliar de axuda no fogar ou auxiliar de axuda no fogar a persoas dependentes no domicilio), ou do título de formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou equivalente.

Requisito, entre outros: Posuir o permiso de condución clase A1 e/ou B1.

Dereitos de exame: 5 euros.

Prazo de presentación de solicitudes: dez días naturais, que se iniciará o día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no BOP da Coruña; prazo que remata o 19 de maio de 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario