31/5/14

CONCELLO DE MARÍN. Socorristas para praias.

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 103 do 30 de maio de 2014, o Concello de Marín publica as seguintes convocatorias para  contratación laboral temporal de persoal para o dispositivo de salvamento e socorrismo das súas praias:

- Procedemento selectivo para a contratación en réxime laboral a xornada completa por obra ou servizo determinado de un Coordinador do dispositivo de salvamento e de socorrismo.

Titulación esixida: Bacharelato ou técnico ou título equivalente.
Requisito, entre outros: Estar en posesión da Titulación de Socorrista acuático en espazos naturáis.

Sistema de contratación: concurso-oposición.

- Procedemento selectivo para a contratación en réxime laboral temporal a xornada completa por obra ou servizo determinado de 18 socorristas que estarán destinados ao servizo de salvamento e socorrismo das praias na tempada estival 2014.

Titulación esixida: e Graduado en Educación Secundaria Obligatoria ou equivalente.
Requisito, entre outros: Estar en posesión da Titulación de Socorrista acuático en espazos acuáticos naturáis.

Sistema de contratación: oposición.

- Procedemento selectivo para a contratación en réxime laboral temporal a xornada completa por obra ou servizo determinado de 3 patróns-socorristas que estarán destinados ao servizo de salvamento e socorrismo das praias na tempada estival 2014.

Titulación esixida: e Graduado en Educación Secundaria Obligatoria ou equivalente.
Requisitos, entre outros: Estar en posesión da Titulación de Socorrista acuático en espazos acuáticos naturáis e estar en posesión do Título de Patrón de Navegación Básica ou superior .

Sistema de contratación: oposición.

O prazo para a presentación de solicitudes para as tres convocatorias será de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación de anuncio que a tal efecto se publicará en medios de comunicación, no taboleiro de anuncios do Concello e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra. Polo que este prazo remata o 11 de xuño de 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario