1/4/14

CONCELLO DE TRASMIRÁS. Encargado servizos públicos.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 74 do 31 de marzo de 2014, o Concello de Trasmirás publica a Convocatoria e bases que rexerán para a selección como persoal laboral temporal dunha praza de encargado de servizos públicos municipais.

Titulación esixida: título da ESO ou equivalente.

Requisitos, entre outros.-  estar en posesión de

Permiso de conducir clase B;
Carné manipulador de alimentos.
Curso de aplicador de biocidas.
Curso de mantemento das instalacións de risco fronte á lexionela.

Sistema de contratación: concurso-oposición, incluindo entrevista.

Prazo de presentación de soliticitudes: vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do estrato da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Prazo que remata o 21 de abril de 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario