28/4/14

CONCELLO DE RIBEIRA. Peóns do Grupo de Prevención, Riscos e Intervención Municipal

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 79 do 28 de abril de 2014, o Concello de Ribeira publica a Convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de un capataz e de seis peóns do Grupo de Prevención, Riscos e Intervención.

Sistema de contratación: Oposición, incluidas probas físicas.

Titulación esixida:

- Graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente para o posto de capataz.
- Certificado de escolaridade ou equivalente para os postos de peóns.

Requisito, entre outros: Posuír o Curso Básico de Protección Civil impartido por Administración Pública ou entidade homologada.

Prazo de presentación de solicitudes: de 10 días naturais, que se iniciará o día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia; prazo que remata o 8 de maio de 2014.


No hay comentarios:

Publicar un comentario