3/3/14

CONCELLO DE VALGA. Grupo Emerxencias.

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm.42 do 3 de marzo de 2014, o Concello de Valga publica a convocatoria e bases para a selección de 6 prazas de Persoal Laboral Temporal para o Grupo de Emerxencias Supramunicipal.

Establécese un prazo de sete días naturais a contar desde o día seguinte á publicación do presente anuncio (do 4 ao 11/03/2014 ambos incluídos) para a presentación de solicitudes e documentación previstas nas bases.

O texto íntegro das bases aprobadas pode consultarse na páxina web do Concello de Valga (www.valga.es) e no taboleiro de anuncios do mesmo.

Para contactar co Concello de Valga:

Avda. da Coruña, 14. 36645 Valga (Pontevedra)
concello.valga@eidolocal.es
Tlf. 986 559456

No hay comentarios:

Publicar un comentario