7/3/14

CONCELLO DE PORTO DO SON. Corrección erros.

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 45 do 7 de marzo de 2014 o Concello de Porto do Son publica a seguinte correción de erros da convocatoria dunha praza de Auxiliar Administrativo publicado neste blog o 4 de marzo.

Corrección de erros 

Advertida a existencia dun erro no apartado 4.2 das bases que han de rexer para provisión interina dunha praza de auxiliar administrativo do Departamento de Tesouraría do Concello de Porto do Son publicadas no BOP n.º 42, do 03/03/2014, procédese á publicación da redacción correcta:

 “4.2.–A presente convocatoria farase pública mediante anuncio inserto no BOP, nun dos xornais de maior tiraxe da provincia, no taboleiro de editos e na web do Concello de Porto do Son. 

Para tomar parte nas probas selectivas, os interesados deberán facelo constar en instancia dirixida ao Sr. alcalde-presidente do Concello de Porto do Son, segundo o modelo que se achega como anexo 1, que se presentará no rexistro xeral do Concello ou por calquera dos procedementos que prevé o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, no prazo de dez (10) días naturais, contados desde a publicación do anuncio da convocatoria no BOP.


Vista esta corrección de erros o prazo para presentarse a este proceso selectivo remata o 13 de marzo de 2014.

Aínda que este corrección de erros, na nosa opinión volve a ter outro erro, xa que o prazo debería contarse a partir da publicación da corrección por afectar precisamente ao propio prazo de presentación de solicitudes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario