31/3/14

CONCELLO DE CUNTIS. Programa Rede CEMIT.

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 62 do 31 de marzo de 2014, o Concello de Cuntis publica a convocatoria dunha praza de Funcionario Interino para a realización dun programa temporal relacionada coa implantación e xestión da Rede CEMIT.

Titulación esixida: formación profesional de Grado Superior,ou Diplomatura, Licenciatura ou Grado na rama de Tecnoloxías da Información e Comunicación 

Requisito, entre outros: Ter experiencia en centros iguais ou similares ou noutros proxectos de implantación das TIC con impacto na cidadanía. 

Sistema de acceso: concurso de méritos.

O prazo de presentación de instancias será de cinco días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, polo que este prazo remata o sábado 5 de abril de 2014.

Podedes acceder ás bases compretas no seguinte vínculo:

No hay comentarios:

Publicar un comentario