11/3/14

CONCELLO DE CHANTADA. Persoal para piscina municipal

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 54 do 11 de marzo de 2014, o Concello de Chantada publica as bases polas que se establecen as normas para a selección de persoal laboral non fixo do cadro de persoal para prestar servizos na piscina municipal.

Postos de traballo:

1 Director/a do Departamento de Administración e recepcionista a xornada completa. Titulación académica esixida: Grao universitario, licenciatura universitaria ou titulacións académicas equivalentes. 

1 Responsable Técnico Deportivo e socorrista a xornada completa. Titulacións académicas esixidas: Grao de Ciencias de Actividades Físicas e do Deporte (CAFD), Licenciatura de Ciencias de Actividades Físicas e do Deporte (CAFD), Grao ou Diplomado en Profesorado de EGB, especialidade en Educación Física ou titulacións similares expedidas polas Facultades de Formación do Profesorado (antigas Escolas de Maxisterio) coa especialidade en Educación Física. 

1 Socorrista a xornada completa. Titulacións académicas esixidas: Técnico Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas. 

1 Monitor/a I e socorrista a ½ xornada.
1 Monitor/a II e socorrista a ¾ xornada.
Titulacións académicas esixidas: Técnico Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, Bacharelato, Graduado ESO, Graduado Escolar e equivalentes

1 Auxiliar de Mantemento e Recepción a xornada completa. ½ ao mantemento ½ á recepción. Titulacións académicas esixidas: Graduado en ESO, Graduado Escolar e equivalentes. 

1 Operario/a de Limpeza I e vestiario a xornada completa.
1 Operario/a de Limpeza II a  ¾ de xornada.
Titulacións académicas esixidas: Graduado en ESO, Graduado Escolar e equivalentes. 

Sistema de selección: concurso de méritos

O prazo de presentación será de 10 días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia, polo que este prazo remata o 21 de marzo de 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario