10/3/14

CONCELLO DE CEDEIRA. Auxiliares axuda a domicilio.

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 46 do 10 de marzo de 2014, o Concello de Cedeira publica a ampliación de prazo para inscribirse na bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais como auxiliares para o servizo de axuda no fogar

Sistema de selección: concurso-oposición.

Requisito, entre outros: posuír permiso de conducción e dispoñibilidade dun vehículo para desprazarse polo concello.

Taxa: 5 euros.

Durante o prazo de oito (8) días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP poderánse presentar novas solicitudes de participación no proceso selectivo, este novo prazo remata o 18 de marzo de 2014.

O anuncio das bases desta convocatoria que agora amplía prazo fora publicado neste blog o 22 de xaneiro de 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario