21/2/14

CONCELLO DE O VICEDO. Axente TIC

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 43 do 21 de febreiro de 2014, o Concello de O Vicedo publica o seguinte anuncio:

Por resolución da Alcaldía de 12 de febreiro de 2014 prestouse aprobación ás bases para a selección, mediante concurso oposición, dun técnico superior en desenvolvemento de aplicacións informáticas (axente TIC), a media xornada, como persoal laboral temporal do Concello do Vicedo para a aula CEMIT do Vicedo.

O prazo para a presentación de solicitudes é de dez días naturais, o cal se computará o partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Todas aquelas persoas interesadas en participar no proceso selectivo poderán retirar copia das bases no rexistro xeral do Concello do Vicedo ou no blog de emprego do Concello no seguinte enderezo: empregovicedo.blogspot.com.

Titulación esixida: Técnico superior en desenvolvemento de aplicacións informáticas.

O prazo para presentar as solicitudes remata o 3 de marzo de 2014.

Podes acceder ás bases completa no seguinte vínculo:  http://concellodovicedo.sedelectronica.es/?x=0OIY-X3GKbF8sNhmcAsWlg

No hay comentarios:

Publicar un comentario