18/2/14

CONCELLO DE MANZANEDA. Bolsa emprego distintas categorías

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 40 do 18 de febreiro de 2014, o Concello de Manzaneda publica as bases reguladoras da convocatoria de selección de persoas para a constitución dunha bolsa de emprego para substitucións e contratacións temporais das seguintes categorías profesionais:

1 . ATS /DUE Residencia 3 ª Idade.
2. Fisioterapeuta Residencia 3ª Idade.
3. Auxiliar de clínica Residencia 3ª Idade.
4. Xericultor/a Residencia 3ª Idade.
5. Camareira-limpadora Residencia 3ª Idade.
6. Oficial 2ª Cociña.
7. Auxiliar de apoio Residencia 3ª Idade.
8. Educador/a social Residencia 3ª Idade

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais a partir do día seguinte do anuncio no tabolerio do Concello de Manzaneda.

As bases estarán a disposición das persoas interesadas na Secretaría Municipal (de 9.00 a 13.30 horas). Igualmente para calquera información o teléfono de atención é o 988 333 043.

Para coñecer cando remata o prazo de presentación de solicitudes debedes chamar a ese teléfono ou acudir ao Concello de Manzaneda.


No hay comentarios:

Publicar un comentario