7/1/14

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA. Profesores

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 3 do 7 de xaneiro de 2014 a Deputación Provincial de Pontevedra publica a convocatoria de provisión de tres postos de profesor para a Escola Universitaria de Enfermería.

Os postos de traballo a cubrir son:

- Un posto de profesor de prácticas clínicas IV, para o primer semestre do curso académico 2014/2015
- Un posto de profesor de prácticas clínicas III, para o segundo semestre do curso académico 2013/2014
- Un posto de profesor de atención de enfermería, emerxencias e catástrofes para o curso académico 2013/2014.

Sistema de acceso: concurso de méritos que inclue entrevista persoal.

Titulacións esixidas segundo o posto ofertado:

- Para o posto de profesor de práctica IV, graduado /titulado universitario en Enfermería con master universitario ou especialidade.
- Para o posto de profesor de prácticas III, graduado / titulado Universitario en Enfermería con Master Universitario ou especialidade.
- Para o posto de profesor de atención de enfermería, emerxencias e catástrofes, graduado universitario de enfermería e titulado universitario de Enfermería con master universitario.

Requisito, entre outros: Ter a condición de funcionario público ou estatutario en praza pertencente ó grupo A, estar exercendo actualmente unha actividade profesional remunerada, ou estar de alta na seguridade social como autónomo/empresario relacionado coa Sanidade e ter, en calquera dos casos, unha experiencia de ó menos dous anos nos cinco últimos anteriores.

As solicitudes para participar neste proceso selectivo axustaranse ao modelo que figura como anexo II desta convocatoria e dirixiranse ao Ilmo. Sr. presidente da Escola de Enferméria no prazo de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOP, polo que este prazo remata o 17 de xaneiro de 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario