9/1/14

CONCELLO DE A MERCA. Encargado Instalacións Deportivas

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 5 do 8 de xaneiro de 2014, o Concello de A Merca publica a Convocatoria para a contratación laboral temporal, a tempo parcial, polo procedemento especial de urxencia dun encargado das instalacións deportivas municipais e actividades deportivas.

Sistema de contratación: concurso de méritos.

Titulación esixida: Graduado en ESO ou equivalente.

O prazo de presentación de instancias é de 10 días naturais contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP,  polo que o dito prazo remata o 18 de xaneiro de 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario