29/1/14

CONCELLO DE CULLEREDO. Lista Profesores Música

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 18 do 28 de xaneiro de 2014, o Concello de Culleredo publica a convocatoria de probas para a selección polo sistema de concurso de méritos, para a formación da lista de substitución de profesor de música (persoal laboral temporal) na especialidade de violín.

O prazo para a presentación de solicitudes será do 29.01.2014 ata o 07.02.2014, ambos inclusive.

Titulación esixida: 

- Título superior de música establecido no artigo 54 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, ou equivalente, na especialidade correspondente.
- Título superior de música establecido no artigo 42.3 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, ou equivalente, na especialidade correspondente.
- Título de profesor superior de música que regula o Decreto 2618/1966, do 10 de setembro, polo que se aproba o regulamento xeral dos conservatorios de música, na especialidade correspondente.
- Título de profesor ou título profesional de música do plan de estudos que regula o Decreto do 15 de xuño de 1942, na especialidade correspondente.

Bases  e documentación no vinculo: http://www.culleredo.es/node/4752#attachments

No hay comentarios:

Publicar un comentario