11/12/13

NEGUEIRA DE MUÑIZ. Traballador Social

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 283 do 11 de decembro de 2013, o Concello de Negueira de Muñiz publica as Bases de selección para a contratación dunha persoa da categoría profesional de Traballo Social, baixo a modalidade de contrato laboral de obra ou servizo a xornada completa.

Titulación esixida: titulación universitaria de Diplomado en Traballo Social.

Sistema de contratación: concurso-oposición.

O prazo de presentación de instancias é de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, polo que este prazo remata o sábado 21 de decembro de 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario