31/12/13

CONCELLO DE SADA. Traballador social.

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 248 do 31 de decembro de 2013 o Concello de Sada publica as Bases da convocatoria de proceso selectivo para a provisión interina dunha praza de traballador social.

Titulación esixida: Diplomatura universitaria en traballo social, ou do título de grao en traballo social.

Sistema de acceso: concurso-oposición.

Taxas de participación: 20 euros.

As instancias de participación, dirixidas ao señor Alcalde-Presidente, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de atención ao público, durante o prazo de 10 días hábiles a partir do seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, xa que logo este prazo remata o 14 de xaneiro de 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario