15/12/13

CONCELLO DE FENE. Interino subrupo C1

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 237 do 13 de decembro de 2013, o Concello de Fene publicou a convocatoria do proceso selectivo e publicación das bases de selección para a cobertura dunha praza de funcionario interino, grupo C, subgrupo C1, Escala Administración Xeral, Subescala Administrativa, mediante o sistema de oposición libre, e para a creación dunha lista de aspirantes para futuras coberturas interinas no departamento de xestión económica.

Titulación esixida: Bachiller ou técnico. Así mesmo, estarase ó disposto na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño (BOE do 17.06.2009), pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bachiller regulados na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación.

O prazo de presentación de solicitudes de participación será de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia; polo que este prazo remata o 26 de decembro de 2013.

Modelo de solicitude en: http://www.fenecidadan.net/actualidade/nova.php?id=2813&lg=gal

No hay comentarios:

Publicar un comentario