12/12/13

CONCELLO DE BALTAR. Auxiliares Axuda no Fogar.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 284 do 12 de decembro de 2013, o Concello de Baltar publica unha convocatoria para a contratación laboral temporal de dúas persoas para traballar na categoría profesional auxiliar de axuda no fogar, a xornada parcial.

Duración do contrato: 5 meses.

Sistema de contratación: concurso de méritos.

Prazo e lugar de prestación de instancias: 5 días naturais contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas. 

Nesta data e horarios poderán consultarse as bases.

O prazo de presentaciónde instancias remata o martes 17 de decembro de 2013.

Concello de Baltar.
Avda. Sargento Seoane, s/n
32.632 - Baltar
Ourense
Tfno: 988 466 503
Fax: 988 466 503
e-mail: informa@concellodebaltar.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario