26/11/13

ORGANISMO AUTÓNOMO ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 227 do 26 de novembro de 2013, o Organismo Autónomo Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo publica as Bases reitoras para provisión de funcionario interino, na modalidade de substitución transitoria do seu titular, para a docencia transitoria a media xornada da especialidade de Arpa Céltica na Escola Municipal de Música Tradicional e folk.

O procedemento selectivo será o de concurso-oposición

Titulación esixida: Licenciado ou equivalente, titulación esixida para o posto de traballo a substituír.

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días a partir do seguinte á data de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, polo que este prazo remata o 9 de decembro de 2013 (os días contanse como hábiles ao non especificarse na convocatoria).

Os/as interesados/as poderán consultar as Bases no taboleiro de anuncios da Escola Municipal de Artes e Oficios, no Taboleiro de Edictos da Casa do Concello e no apartado “Ofertas de emprego” da páxina web www.vigo.org.

No hay comentarios:

Publicar un comentario