10/9/13

CONCELLO DE VILAR DE SANTOS. Atención á infancia.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 208 do 10 de setembro de 2013, o Concello de Vilar de Santos publica o seguinte anuncio:

Convocatoria para a contratación laboral que se indica:

1.- Número de prazas: 2.
2.- Denominación: persoal de atención á infancia (1) e persoal de apoio de atención á infancia (1).
3.- Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.
4.- Xornada: completa 40 horas semanais.
5.- Servizo: Punto Atención á Infancia (PAI) Vilar de Santos.
6.- Sistema de selección: concurso de méritos.
7.- Duración do contrato: ata a fin do curso escolar 2013/2014.
8.- Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 5 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.30 horas (se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose sábado ou día inhábil o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte). Este prazo remata o 16 de setembro de 2013.
9.- O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello de Vilar de Santos.

Titulacións esixidas:

Para o persoal de atención á infancia: Mestre/a especialista en educación infantil ou equivalente; ou Técnico superior en educación infantil ou equivalente.

Para o persoal de apoio: Licenciado/a en pedagoxía ou psicopedagoxía;  Mestre/a especialista en educación infantil ou equivalente; Técnico superior en educación infantil ou equivalente; Técnico en atención sociosanitaria; Técnico superior en animación sociocultural, Técnico en coidados auxiliares de enfermería, Diplomado/a en puericultura recoñecido pola Consellería de Sanidade, ou Curso de especialización na materia que, cun mínimo de 300 horas, recoñeza o órgano competente para a autorización do centro. 

Máis información desta convocatoria en:

No hay comentarios:

Publicar un comentario