4/9/13

CONCELLO DE CULLEREDO. PROFESOR DE MÚSICA

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 167 do  3 de setembro de 2013 o Concello de Culleredo publica o seguinte anuncio:

Aprobada pola Xunta de Goberno Local de 26/08/2013.

Convócanse probas selectivas, polo sistema de concurso de méritos, para a formación da lista de substitución de profesor de música (persoal laboral temporal) na especialidade de guitarra.

A presente convocatoria rexerase polas seguintes bases:

 – Bases xerais para a selección de funcionarios interinos e persoal laboral temporal, mediante listas de substitución, aprobadas pola Xunta de Goberno Local en sesión de 27/02/2012 e publicadas no BOP nº 47 de 08/03/2012.

– Bases específicas da convocatoria, aprobadas pola Xunta de Goberno Local en sesión de 26/08/2013, e publicadas na páxina web do Concello (www.culleredo.es)

O prazo para a presentación de solicitudes será do 04.09.2013 ata o 13.09.2013, ambos inclusive.

No hay comentarios:

Publicar un comentario