14/8/13

CONCELLO DE RIBADEO. AUXILIAR ADMÓN. XERAL.

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 186 do 14 de agosto de 2013 o Concello de Ribadeo publica as Bases específicas reguladoras do acceso a unha praza de Auxiliar de Administración Xeral con carácter de Funcionario Interino.

Sistema de acceso: concurso-oposición.

Titulación esixida: Graduado en Educación Secundaria obrigatoria, equivalente ou superior.

As instancias, solicitando tomar parte no proceso selectivo, dirixiranse á Alcaldía-Presidencia. Presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Ribadeo debidamente cumprimentadas, durante o prazo de vinte días naturais contados dende o seguinte ao de publicación do anuncio de cada convocatoria no Boletín Oficial. Polo tanto o prazo remata o 3 de setembro de 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario