24/8/13

CONCELLO DE PORTOMARIN. LIMPADORES MUNICIPAIS

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 194 do 24 de agosto de 2013 o Concello de Portomarín publica as Bases para a contratación laboral temporal a tempo parcial de dous limpadores de edificios municipais e outras dependencias mediante concurso-oposición.

A contratación é como persoal laboral-temporal, a tempo parcial (30 horas semanais, equivalentes a un 75% da xornada) e a duración do contrato extenderase ata a data de provisión das prazas con persoal laboral fixo, é dicir, ata a definitiva provisión das prazas creadas por acordo Pleno do 29 de maio de 2013, unha vez a lexislación o permita.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación das bases íntegras no Boletín Oficial da Provincia, polo que este prazo remata o 13 de setembro de 2013.

Cando as solicitudes se presenten fora do Rexistro do Concello, co fin de axilizar os trámites, poderán remitir unha comunicación por fax ao concello (982-545104) comunicando a presentación da solicitude, co sello de Correos ou do rexistro correspondente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario