20/8/13

CONCELLO DE MUGARDOS. LISTAS AUXILIAR AXUDA NO FOGAR.

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 156 do 19 de agosto de 2013 o Concello de Mugardos publica a Convocatoria e bases que rexerán a elaboración das listas para a provisión temporal de postos de traballo na categoría de auxiliar do servizo de axuda no fogar.

Sistema de selección: concurso de méritos.

Requisitos, entre outros:

- Estar en posesión do Certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente ou do título de formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou equivalente.
- Posuír o permiso de condución clase A1 e/ou B.
- Dispoñer de medio de transporte para poder realizar os desprazamentos necesarios no exercicio da súa función de auxiliar de axuda no fogar. 

A apertura da convocatoria e o prazo para a presentación de solicitudes serán 15 días naturais contados desde a publicación desta normativa no BOP e presentarase no rexistro xeral do Concello. Polo que este prazo remata o 3 de setembro de 2013

Teléfono de información: 981 47 03 38 - 47 02 90.

No hay comentarios:

Publicar un comentario