12/8/13

CONCELLO DE MARÍN. ADXUNTO INTERVENCIÓN.

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 12 de agosto de 2013 o Concello de Marín publica as Bases da convocatoria para a cobertura interina dunha praza de Técnico de Administración Xeral – Adxunto Intervención.

Titulación esixida: Estar en posesión, ou en condición de obter, no día en que remate a presentación de instancias, de calqueira dos títulos previstos no art 169.2.a) do RD 781/1986: licenciado en Dereito, Ciencias Políticas, Económicas ou Empresariais,Intendente Mercantil ou Actuario

Dereitos de exame: 18,03 euros.

Sistema de acceso: concurso-oposición.

As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo,deberán facelo constar mediante instancia que se axustará ao modelo que figura como Anexo II desta convocatoria, que deberá presentarse no prazo de 10 Días Hábiles dende a publicación do anuncio da convocatoria no BOP de Pontevedra, polo que este prazo remata o sábado 24 de agosto de 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario