6/8/13

CONCELLO DE LUGO. XEFES DE BRIGADA

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 176 do 6 de agosto de 2013 o Concello de Lugo publica a convocatoria e as bases para a contratación temporal de dous xefes de brigada para a defensa contra incendios forestais.

Prazas a convocar: 2 xefes de Brigada
Duración do contrato: Ata o 31 de outubro de 2013.
Obra ou servizo obxecto do contrato: Anexo I das presentes bases.
Xornada de traballo: Traballo a quendas, incluidos sábados, domingos e festivos.

Sistema de acceso: concurso-oposición.

Titulación esixida: Título de técnico superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticas, técnico en traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional equivalente. 

Requisito, entre outros: Estar en posesión do carné de conducir de tipo B.

O prazo de presentación de instancias será de dez días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, polo que este prazo remata o 16 de agosto de 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario