19/7/13

XUNQUEIRA DE ESPADAÑEDO. BRIGADAS CONTRA INCENDIOS

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 165 do 19 de xullo de 2013 o Concello de Xunqueira de Espadañedo publica un anuncio para a contratación de persoal laboral temporal de:

Número e denominación de prazas: brigada de prevención e defensa contra incendios forestais (1 xefe de brigada, 1 peóncondutor, 3 peóns).

Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.

Duración do contrato: 3 meses dende a sinatura do contrato.

Sistema de selección: concurso de méritos.

Prazo de presentación de solicitudes: cinco días naturais contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP. Este prazo remata o 24 de xullo de 2013

Lugar de presentación de solicitudes: Rexistro Xeral do Concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases específicas da convocatoria, que poderán ser consultadas no Concello de Xunqueira de Espadanedo, en horario de oficina.

No hay comentarios:

Publicar un comentario