5/7/13

CONCELLO DE TRASMIRAS. BRIGADAS CONTRA INCENDIOS

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 153 do 5 de xullo de 2013 o Concello de Trasmirás publica as bases específicas para a selección e posterior contratación de 10 traballadores para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios.

Denominación dos postos: dous xefes de brigada, dous peónscondutores con carné B e seis peóns de brigada.

Duración do contrato: tres meses

Clase de persoal: laboral temporal.

Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días naturais seguintes ao de publicación do anuncio de convocatoria no BOP, no Rexistro Xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres. 

Este prazo remata o mércores 10 de xullo de 2013.

Máis información nas bases específicas da convocatoria, que poderán ser consultadas no Concello de Trasmiras en horario de oficina.


Dirección:
Casa Consistorial, r/ Otero Pedraio, s/n
32695  Trasmirás
Teléfono: 988445000 Fax: 988445096

No hay comentarios:

Publicar un comentario