6/7/13

CONCELLO DE PORQUEIRA. BRIGADAS DEFENSA CONTRA INCENDIOS

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 154 do 6 de xullo de 2013 o Concello de Porqueira publica el siguiente anuncio:

Por Resolución da Alcaldía, con data do 3 de xullo de 2013, aprobáronse as bases específicas para a selección e posterior contratación de dez traballadores para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Porqueira, para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa.

Denominación dos postos: dous xefes de brigada, dous peónscondutores con carné B e seis peóns de brigada.

Duración do contrato: tres meses.

Clase de persoal: laboral temporal. Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días naturais, incluíndo o da publicación do anuncio de convocatoria no BOP, no Rexistro Xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Este prazo remata o xoves 11 de xullo de 2013.

Máis información nas bases específicas da convocatoria, que poderán ser consultadas no Concello de Porqueira en horario de oficina.

Concello de Porqueira
Estrada. Xinzo-Bande, 4
32643 FORJA
Teléfono: 988-466.102


View Larger Map

No hay comentarios:

Publicar un comentario