4/7/13

CONCELLO DE MACEDA. BRIGADA INCENDIOS FORESTAIS

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 152 do 4 de xullo de 2013 o Concello de Maceda publica o seguinte anuncio:

Convocatoria para a contratación laboral temporal que se indica a continuación:

1. Número e denominación das prazas: brigada para prevención e defensa contra incendios forestais (1 xefe de brigada e 4 peóns).

2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servicio determinado a tempo completo.

3. Duración do contrato: dende a sinatura do contrato ata o 30 de setembro de 2013.

4. Sistema de selección: concurso.

5. Prazo de presentación de solicitudes: cinco días hábiles contados desde o seguinte á publicación deste anuncio no BOP. Na mesma data e horario poderán consultarse as bases.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 10 de xullo de 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario