22/7/13

CONCELLO DE CULLEREDO. MESTRE PROGRACIÓN AFD-2013

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 138 do 22 de xullo de 2013 o Concello de Culleredo publica o seguinte anuncio:

Convocatoria de selección mestra/e programación AFD-2013, curso operacións básicas de restaurante e bar (persoal laboral temporal)

 A Xunta de Goberno Local do 13.05.2013 aprobou a convocatoria e as bases da convocatoria para a selección de mestres/as para impartir módulos formativos das especialidades da programación AFD-2013. 

Declarado deserto o proceso selectivo convocado, por resolución do 12.07.2013 da concelleira delegada da Área de Administración Local e Cultura, procédese a unha nova convocatoria do proceso selectivo polo sistema de concurso de méritos, de mestra/e para impartir as unidades de competencia da especialidade formativa HOTR0208 de operacións básicas de restaurante e bar da programación AFD, exercicio 2013.

A presente convocatoria rexerase polas bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local en sesión do 13.05.2013 e publicadas na páxina web do Concello (www.culleredo.es).

O prazo para a presentación de solicitudes será do 23.07.2013 ata o 29.07.2013, ambos inclusive.

No hay comentarios:

Publicar un comentario