15/7/13

CONCELLO DE CELANOVA

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 161 do 15 de xullo de 2013 o Concello de Celanova publica Bases xerais e específicas reguladoras da convocatoria de procesos selectivos para cubrir as prazas de arquitecto técnico, a tempo parcial, e de auxiliar administrativo a tempo parcial, en calidade de funcionarios/as interinos/as para a execución de programas de carácter temporal, polo sistema de concurso-oposición.

Titulación requerida para a praza de auxiliar administrativo: graduado en ESO ou equivalente

O prazo para a presentación de solicitudes será de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense. Se o último día fora sábado ou inhábil, pasará ó primeiro día hábil seguinte. Este prazo remata o 29 de xullo de 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario