22/6/13

POBRA DO CARAMIÑAL. LIMPEZA PRAIAS

O Concello da Pobra do Caramiñal convoca a cobertura de 10 prazas de peóns de limpeza de praias a tempo parcial de acordo coas bases publicadas na páxina web do concello www.apobra.org, e no taboleiro de anuncios municipal.

Sistema de selección: concurso de méritos.

O contrato terá unha duración de 2,5 meses e comezará unha vez realizado o proceso de selección correspondente.

O prazo de presentación de instancias será de 5 días naturais contados a partires do seguinte ao da publicación do anuncio na Voz de Galicia. (¡¡Atención á prensa!!)


No hay comentarios:

Publicar un comentario