19/6/13

PEDRAFITA DO CEBREIRO. SOCORRISTA

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 140 do 19 de xuño de 2013 publícase textualmente o seguinte anuncio do Concello de Pedrafita do Cebreiro:

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DE UN/UNHA SOCORRISTA PARA AS PISCINAS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE PEDRAFITA DO CEBREIRO.

POSTO DE TRABALLO: Un /unha Socorrista para as piscinas municipais.

LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: No Rexistro Xeral do Concello de Pedrafita do Cebreiro ou a través de calquera dos medios que prevé o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, no prazo de 7 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOP. No suposto de presentarse a instancia fóra do Rexistro Xeral do Concello de Pedrafita do Cebreiro, será necesario adiantala por fax, antes do remate do prazo, para que sexan tidas en conta. (Este prazo remata o 26 de xuño de 2013)

REQUISITOS DE TITULACIÓN: 

a) Ter solicitada a inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, na sección correspondente a socorristas en instalacións acuáticas e presentada declaración responsable do cumprimento dos requisitos para o exercicio da actividade de socorrismo, que deberá acreditarse mediante copia do documento da solicitude presentada dirixida á Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública e copia do documento da declaración presentada.

b) Estar en posesión (ou en condición de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias) do título de socorrista acuático.

SISTEMA DE SELECCIÓN:

Concurso- Oposición, segundo o establecido nas bases que se encontran a disposición na Secretaría do Concello de Pedrafita do Cebreiro.

CONCELLO DE PEDRAFITA DO CEBREIRO 982 36 71 03 | Fax 982 36 71 50

No hay comentarios:

Publicar un comentario