18/6/13

CONCELLO DE PORTO DO SON

O Concello de Porto do Son publica na súa web as seguintes convocatorias:

Convocatoria para a selección por concurso- oposición de dúas prazas de auxiliar de turismo como persoal laboral temporal para a Campaña de Verán 2013.

Titulación esixida: Bacherelato, FP2 ou equivalente

Procedemento selectivo para a contratación laboral temporal de conductores de vehículo motobomba para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais.

O prazo para presentar as solicitudes para participar en calquera dos dous procesos é de tan só tres días habiles a partir da súa publicación en prensa, polo que debedes revisar os xornais El Correo Gallego e La Voz de Galicia.



Unha vez máis unha Administración enreda coa publicación dunha convocatoria pública, establecendo un prazo demasiado curto para presentar as solicitudes e xenerando unha innecesaria inseguridade ao facer publico o anuncio nun medio de comunicación privado e non nun diario ou boletín oficial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario