21/6/13

CONCELLO DE A LARACHA. ARQUITECTO TÉCNICO

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 118 do 21 de xuño de 2013 o Concello de A Laracha publica as Bases de selección de persoal de unha praza de funcionario interino, Grupo A, Subrupo A2, Escala Administración Especial, subescala técnica, denominación: Arquitecto Técnico.

Sistema de Selección: concurso-oposición

Titulación esixida: Estar en posesión, ou en condicións de obter na data na que finalice o prazo de presentación de Instancias, do título universitario de Arquitectura Técnica ou o grao de enxeñeiro de edificación (requisito que deberá acreditar mediante a presentación da copia cotexada de título).

Dereitos de exame: 22 euros

O prazo de presentación será de dez días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio deste proceso selectivo no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do Concello, prazo que remata o 1 de xullo de 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario