14/6/13

CONCELLO DE BERGONDO. LIMPEZA PRAIAS

No Boletín Oficial da Provinica de A Coruña núm. 113 do 14 de xuño o Concello de Bergondo publica o seguinte anuncio:

Por resolución de Alcaldía núm. 474/2013, do 11 de xuño, aprobáronse as bases reguladoras para a contratación laboral temporal de doce prazas de PEÓNS/NAS durante 3 meses para a campaña de limpeza de praias 2013. Prazo de presentación: 4 días naturais dende o día seguinte ó de publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As bases atópanse expostas no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web: www.bergondo.es

Sistema de selección: concurso

O prazo de presentación de solicitudes remata o 18 de xuño de 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario