2/5/13

CONCELLO DE SOBRADO

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña num. 83 do 2 de maio de 2013 publícanse as Bases para a contratación laboral temporal dun/dunha animador/a cultural para o Concello de Sobrado.

Requisitos, entre outros: estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: técnico en animación sociocultural ou diplomado en educación social ou habilitado; no seu defecto admitirase tamén a titulación en Maxisterio e outras titulacións universitarias. Tamén cómpre estar en posesión do permiso de conducir B1

O contrato será por obra ou servicio.

Sistema de acceso: concurso de méritos.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 8 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, polo que este prazo remata o 10 de maio de 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario