22/5/13

CONCELLO DE POBRA DE TRIVES

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 116 do 22 de maio de 2013 o Concello de Pobra de Trives publica as bases reguladoras da convocatoria de selección para a contratación das seguintes prazas de persoal laboral temporal:

Auxiliar de turismo, titulación esixida: bacharelato ou equivalente.
Auxiliar de axuda no fogar, título esixido: auxiliar de clínica ou curso de capacitación. Ademais cómpre estar en posesión do carné de conducir tipo B
Peón varredor, titulación esixida: estudios primarios, graduado escolar ou equivalentes.
Tractorista, titulación esixida: estudios primarios, graduado escolar ou equivalentes.

É obxecto desta convocatoria, a contratación temporal, mediante convocatoria pública e polo sistema de concurso, dos postos de traballo que se relacionan, así como a creación dunha bolsa de emprego para cubrir futuras contratacións.

Sistema de acceso: concurso de méritos.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia, polo que este prazo remata o 6 de xuño de 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario