No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 84 do 3 de maio de 2013 publícase o seguinte anuncio do Concello de Irixoa:
Convocatoria tractoristas municipais 2013.
Postos: 3 tractoristas con xornada de 30 horas semanais, con duración determinada de 5 meses e 10 días (inicialmente do 22-5 a 31-10-2013).
Salario: 900 €/mes brutos (incluíndo prorrateo de pagas extras e demais conceptos retributivos).
Proceso selectivo: comprende valoración de méritos establecidos nas bases e celebración de probas: escrita de test e práctica (ambas o día 20-5-2013).
Prazo de presentación de instancias: 11 días naturais (desde o 8 ao 18 de maio de 2013), en horario público de 9 a 3 (sábados de 10 a 1).
Bases: aprobadas por acordo da Xunta de Goberno do 26-4-2013, estando a disposición do público nas dependencias municipais (teléf. 981 - 79 30 01).
Dereitos de exame: 20 euros.
Recursos: contra as bases poderán interpoñerse o recurso de reposición (1 mes) e o contencioso-administrativo (2 meses)
No hay comentarios:
Publicar un comentario