15/5/13

CONCELLO DE CEE

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña do 14 de maio de 2013 o Concello de Cee publica as Bases do proceso selectivo para a contratación de persoal de limpeza de praias e entornos.

Esta convocatoria ten por obxecto unicamente elaborar un listado de candidatos preseleccionados para o desenvolvemento do servizo de persoal de limpeza de praias e entornos, estando condicionada a contratación dos mesmos á concesión da subvención solicitada.

Requisitos específicos. Estar inscrito como desempregado no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante non ocupado e estar dispoñible para o emprego.

As instancias dirixiranse ó Alcalde do Concello de Cee e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de 9 a 13.30 horas, situado en rúa Domingo Antonio de Andrade, s/n, 15270 Cee, A Coruña, ou na forma prevista no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte ó de publicación das bases no BOP, nos modelos normalizados que figuran como anexos a estas bases.

O dito prazo remata o 4 de xuño de 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario