27/5/13

CONCELLO DE CASTRO CALDELAS


Por Decreto de Alcaldía n.º 052/2013, con data 22 de maio de 2013, aprobáronse as bases para a selección e posterior contratación dun traballador como condutor de máquina rozadora baixo a modalidade de contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado cunha duración de seis meses.

O Concello de Castro Caldelas abre o prazo de presentación das instancias para a participación no proceso de selección por concurso de méritos que será de 5 días hábiles, computados partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Os interesados poderán recoller as bases de selección nas oficinas municipais en horario de 9.00 horas a 15.00 horas.

O prazo para presentar solicitudes remata o 1 de xuño de 2013.

Teléfono do Concello: 988 203 000

No hay comentarios:

Publicar un comentario