4/5/13

CONCELLO DE BERGONDO

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 84 do 3 de maio de 2013 publícase a Convocatoria de oposición para a contratación laboral temporal dunha praza de auxiliar de policía local para a tempada de verán para o Concello de Bergondo.

Titulación esixida: Estar en posesión do Graduado Escolar, Título de Graduado en Educación Secundaria ou equivalente ou estar en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentaren instancias.

Sistema de acceso: concurso-oposición.

A contratación realizarase a través da modalidade de contrato de obra ou servizo a xornada completa e coas retribucións previstas no Orzamento Xeral para a devandita praza. A duración da obra ou servizo é de 3 meses.

As instancias solicitando tomar parte neste proceso selectivo presentaranse mediante instancia dirixida á Sra. Alcaldesa-Presidenta do Concello de Bergondo no modelo oficial que se facilitará na devandita entidade. Presentaranse no Rexistro Xeral Municipal, ou en calquera das formas previstas no artigo 38 da Lei 30/92, durante o prazo de cinco días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no BOP.

O prazo remata o 8 de maio de 2013.

Naqueles casos que non se presenten no Rexistro Xeral do Concello, deberán adiantarse por fax (981-79.42.33 ) dentro do prazo anteriormente sinalado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario