10/4/13

CONCELLO DE GUITIRIZ

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 82 do 10 de abril de 2013 publícase o seguinte anuncio do Concello de Guitiriz que reproducimos textualmente:

O Concello de Guitiriz aprobou por resolución de alcaldía de data 4/04/2013 as bases e a convocatoria para a selección de persoal laboral temporal mediante a constitución dunha Bolsa de Emprego Público Temporal para as seguintes categorías de postos de traballo do Concello, aos efectos de cubrir necesidades transitorias de persoal (substitucións por incapacidade laboral transitoria, permisos ou licenzas do persoal), ou para atender servizos temporais, estacionais ou urxentes que non poidan prestarse co persoal existente:

-Técnico/a do Punto de Atención á Infancia (servizo de PAI)
-Auxiliar de xeriatría (servizo de CD)
-Auxiliar de axuda no fogar (servizo de SAF)
-Condutor/a de desbrozadora (servizo de medio ambiente e infraestruturas)
-Peón de servizos múltiples (servizo de medio ambiente e infraestruturas)
-Peón-condutor/a de servizos múltiples (servizo de medio ambiente e infraestruturas)

As persoas interesadas poden consultar as bases no rexistro do Concello de Guitiriz e na páxina web do Concello de Guitiriz (www.concellodeguitiriz.com), sendo o prazo para a presentación de instancias de dez días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.  

A citada Bolsa de Emprego, que terá unha duración de 3 anos, poderá de ser ampliada posteriormente conforme ao establecido nas bases, con novas convocatorias para seleccionar máis candidatos nas mesmas ou distintas categorías de postos de traballo.

Descargar as Bases
Os datos de contacto do Concello de Guitiriz son os seguintes:

Concello de Guitiriz
Rua do Concello N°4 – 27300 Guitiriz - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 370 109
E-mail: info@concellodeguitiriz.com      

No hay comentarios:

Publicar un comentario