29/4/13

CONCELLO DE SADA

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 81 do 29 de abril de 2013, publícanse as Bases da convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de cinco socorristas para o Concello de Sada.

A duración do contrato será de 3 meses dende a súa formalización.

Sistema de acceso: concurso-oposición.

Requisito, entre outros: estar en posesión da habilitación profesional de Galicia para o exercicio profesional do Socorrismo acuático en espazos naturais, ou alternativamente do título de socorrista acuático ou diploma que acredite a realización dun curso de formación en materia de socorrismo acuático en vigor ou titulación equivalente ou que a englobe, que se deberá acreditar mediante documento oficial expedido polo organismo competente.

Dereitos de exame: 10 euros.

As instancias de participación, dirixidas ó señor Alcalde, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, en horas de oficina, durante o prazo de 10 días hábiles a partir do seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, polo que este prazo remata o 11 de maio de 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario