15/4/13

CONCELLO DE LUGO

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 86 do 15 de abril de 2013 publícase a convocatoria dun proceso selectivo para a cobertura temporal dun axente TIC en base ó protocolo de adhesión á Rede de centros para a modernización e inclusión tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) entre a Xunta de Galicia e o Concello de Lugo.

Titulación requerida: Formación profesional de grado superior.

Duración do contrato: ata o 31 de decembro de 2013

Sistema de selección: Consistirá na valoración dos méritos alegados polos/las aspirantes de acordo co establecido na base 6, así como nunha entrevista de carácter persoal onde se valorarán as capacidades ou aptitudes dos/das aspirantes.

O prazo de presentación de instancias será de dez días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, este prazo remata o 25 de abril de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario