17/4/13

CONCELLO DE CARBALLO

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 73 do 17 de abril de 2013 publícase a Convocatoria do proceso selectivo para a contratación en réxime laboral temporal de 6 auxiliares da Policía Local para o Concello de Carballo.

Requisito, entre outros: Ter unha estatura mínima de 1’65 metros os homes, e 1’60 as mulleres.

Dereitos de exame: 18 euros.

Sistema de provisión: oposición libre.

As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral do Concello en horas de oficina durante o prazo de dez días naturais, que se iniciará o día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Este prazo remata o 27 de abril de 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario