12/4/13

CONCELLO DE BANDE

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 84 do 12 de abril de 2013 publícanse as Bases para a convocatoria de cinco prazas como persoal laboral temporal de auxiliar do servizo de axuda no fogar para o Concello de Bande.

Requisito, entre outros: Permiso de conducir tipo B.

Sistema de acceso: concurso-oposición.

As solicitudes para participar no proceso presentaranse no prazo de 5 días hábiles no Rexistro Xeral do Concello de Bande, en horario de 09.00 horas a 14.00 horas ou na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, conforme ao modelo que figura como anexo II destas bases. Neste último caso terase que adiantar por FAX a solicitude antes de que finalice o prazo de presentación das instancias.

Este prazo remata o 18 de abril de 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario